Monday 29 de April de 2024

A banda pobrense Human presenta en concerto Anomaly


No 23 de decembro hai unha nova cita coa música na Pobra do Caramiñal. A banda local Human ofrecerá un concerto para presenta-lo novo EP titulado Anomaly. Contarán, ademais, con Leite con Jalletas como artista convidado.

O evento dará comezo ás 21.00 horas no toldo instalado na praza Alcalde Segundo Durán.

Organizan conxuntamente a Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e a produtora Silencio Roto.